publicidade hoxe

O Goberno da Deputación leva a Chantada actividades culturais con 20.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantada
A-
A+

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, e Concelleiros, así como compoñentes do Centro Teatral Faro Miño de Chantada, adiantou na Casa da Cultura da vila, a programación de cine, teatro e pintura, que o Goberno Provincial leva e ofrece gratis no municipio chantadino durante o mes de agosto para dinamizar social e economicamente esta Comarca cun investimento total de preto de 20.000 euros.

“Concretamente para a organización da 25 º Semana do Cine son 3.000 euros, e outros tantos para a Mostra do Teatro Maruxa Villanueva, que este ano celebra a súa XXVIII Edición. Ademais o Executivo Provincial tamén promove con outros 2.000 euros o curso de pintura que se celebra nesta localidade”, explicou García Porto.

Axudas para o tecido cultural chantandino con preto de 12.000 euros

A Deputada remarcou tamén “o compromiso do Goberno da Deputación co tecido asociativo cultural de Chantada, xa que nesta anualidade un total de 12 asociacións recibiron preto de 12.000 euros, dentro das axudas de concorrencia competitiva para a celebración de actividades. Algunhas destas son a promoción do Folión de Carros, a posta en valor dos cruceiros, a revista Alicerces, o Magosto cultural, ou incluso a propia Mostra de Teatro entre outras, e que contribúen de xeito decisivo a dinamizar a vida cultural da vila”, sinalou García Porto.

As entidades beneficiarias de Chantada son as seguintes; Asoc. Cultural Amigos do Folión; Asoc. Cultural O Castañazo; Asoc. Treboada de ideas; Asoc. Cultural Faro-Miño; Coral Polifónica de Chantada; Asoc. cinematográfica Chantada Films; Sociedad cultural e gastronómica luso- galaica; Asoc. cultural Argalleiras- teatro; Asoc. cultural Irmandade cultural Pais do Faro; Asoc. de Amigos do Románico da Comarca de Chantada; Asoc. Educativo cultural Airoa Comunicación; Asoc. Cultural e Deportiva “Capela Sixtina de Nogueira de Miño”.

Programación de cine

A programación gratuíta que financia o Goberno da Deputación en Chantada inclúe a proxección de 8 películas, 4 representacións teatrais, todo isto na Praza do Cantón. O calendario, que xa comezou o luns, é o seguinte:

– Hoxe martes, 14 de agosto, ás 19:00 horas, no Auditorio, proxectarse “A princesa do Caurel”, “Peter Rabbit”, e o concerto “Blues do pais”.

– Mércores, 15 de agosto, Obradoiro de fotografía para todas as idades, na Casa da Cultura, Nai e mestra, e tamén o Gran Showman na Praza do Cantón ás 22:00 horas.

– Xoves, 16 de agosto, a partir das 22:00 horas, na Praza do Cantón, Cine para coidar a terra, e Jacques.

– Venres, 17 de agosto, a partir das 22:00 horas na Praza do Cantón, Conversas, e a Forma da auga.

Teatro na Praza do Cantón a partir das 22:00 horas

– Luns, 20 de agosto, o grupo O batan de Cangas de Foz presentarán a actuación “Bicos de vinagre”, escrita polo mindoniense Francisco Piñeiro.

– Martes, 21 de agosto, o Centro Teatral Faro Miño de Chantada presenta a obra “Madialeva”. Ao remate, actuará o grupo de baile “Swagger”.

– Mércores, 22 de agosto, a Compañía Visto y no visto de Madrid, presenta “No somos nadie”.

– Xoves, 23 de agosto, a compañía madrileña Bennu Tetro representará “Mardito hoppita”.

14 de agosto de 2018 | 14:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.