publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

López-Chaves recibe á frota mundialista de Vaurien

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
O delegado da Xunta en Vigo na recepción á frota mundialista Vaurien

O delegado da Xunta en Vigo na recepción á frota mundialista Vaurien

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, recibiu hoxe á frota mundialista de Vaurien na sede viguesa da Administración autonómica, á que quixo agasallar cun recordo en recoñecemento dos postos acadados en Alemaña.

López-Chaves, en representación do Goberno galego, felicitou aos regatistas do Real Club Náutico de Vigo (Antonio José Pérez Castro e Laura Llopiz Castedo, Paula e Paloma González Esteban e Pablo Cabello Viéitez e Mario Pérez González) e aos do Club Marítimo de Canido (Tirso Cerqueira Atares e Gonzalo Martínez Rodríguez), que voltaron a casa con seis títulos -dous ouros, dous pratas e dous bronces- no Mundial da clase Vaurien disputado na cidade alemá de Travemünde. O representante autonómico aproveitou a ocasión para destacar a Galicia como “unha das grandes potencias da vela de base” e enxalzar os podios ocupados “polos nosos deportistas nas distintas disciplinas e citas náuticas”.

6 de agosto de 2018 | 14:49 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario