publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Vilariño de Conso que afecta o Parque Natural do Invernadeiro

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, que afecta o parque natural do Invernadeiro.

O incendio comezou ás 08,54 h. desta mañá parece que producido por un raio. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 3,2 hectáreas. No lugar traballan 1 técnico, 2 axentes, 10 brigadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

28 de agosto de 2018 | 14:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.