publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Esclarecen un incendio no concello coruñés de Padrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrónPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV-Barbanza, esclareceron un lume no concello coruñés de Padrón.

O lume tivo lugar no día de onte na parroquia de Iria Flavia e produciuse polo lanzamento de foguetes pirotécnicos nas festas de San Roque. Afectou a unha superficie rasa de 0,09 hectáreas

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Padrón. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 33 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

21 de agosto de 2018 | 14:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.