publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal de Vilariño de Conso dentro do Parque Natural do Invernadeiro

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Padroalbar, que afecta o parque natural do Invernadeiro, está controlado dende onte ás 21,00 horas.

O incendio comezou ás 08,54 h. de onte, martes, e semella que producido por un raio. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 3,2 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 6 axentes, 23 brigadas, 9 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

29 de agosto de 2018 | 14:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.