publicidade hoxe

Ábrese o prazo de inscrición para a nova proposta do ciclo ‘Monumenta, andar con arte’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O océano desde a costa de Ángeles Alvariño é a nova proposta do ciclo Monumenta, andar con arte para o vindeiro domingo 12 de agosto. O prazo de inscrición para participar na actividade está aberto ata o vindeiro venres 10 na web do programa http://monumentagalicia.com/3-o-oceano-desde-a-costa-de-angeles-alvarino/ e a admisión realízase por orde de inscrición.

Tras o seu paso por Lugo e A Guarda, Monumenta chega a vindeira fin de semana ao concello de Valdoviño para lembrar a figura da oceanógrafa ferrolá Ángeles Alvariño. A proposta combina unha andaina, na que participarán o xeógrafo físico e divulgador científico Juan López Bedoya e o coordinador do programa, Julio Gómez, cunha proposta musical na voz e interpretacións de Ariel Ninas e Anxo Faraldo.

Ata o 2 de setembro, o ciclo seguirá coas andainas en Ordes, Esgos, Palas de Rei, A Peroxa e Bueu, que contarán con camiñantes convidados para guiar a visita en cada unha das xornadas, ademais de música ao vivo.

Monumenta naceu no ano 2013 como unha experiencia para vivir e sentir o patrimonio, apreciando ao camiñar a súa singularidade cultural e paisaxística. A Secretaría Xeral de Cultura procura con esta iniciativa contribuír cunha oferta cultural descentralizada, moi vinculada co local.

Pódese consultar a programación completa sobre o ciclo na páxina web www.cultura.gal e mais en http://monumentagalicia.com/, onde cómpre realizar a inscrición.

6 de agosto de 2018 | 14:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.