publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inviste 12.300 euros na sinalización dunha ruta que enlaza unha ducia de puntos emblemáticos de Ribadeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoRibadeo
A-
A+

A Xunta, a través de Turismo de Galicia, apoia cun investimento de máis de 12.300 euros a posta en valor e sinalización dunha nova ruta turística polo corazón de Ribadeo denominada “Camiño do Encanto”.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, subliñou que o Goberno galego financia o 65 por cento desta iniciativa, que busca poñer en valor recursos que non formaban parte da oferta turística habitual da localidade.

Así, este itinerario de nova creación, que será convenientemente sinalizado, ofrece un percorrido circular por doce puntos emblemáticos de Ribadeo, especiais desde o punto de vista relixioso, natural, etnográfico ou arqueolóxico.

A nova ruta comprende espazos como a Igrexa e Hórreos de Ove, o Mirador de Santa Cruz, a Casa indiana de Agrelo, os petroglifos de As Anzas, o Castro da Pumarega ou o Miradoiro de Lourido, entre outros.

A achega da Xunta permitirá a adquisición e colocación de nova sinalización urbana en todos estes puntos: subministro e colocación de carteis, frechas de dirección, atrís, vinilos, e tamén o deseño, maquetación e elaboración da información de cada un destes elementos.

21 de agosto de 2018 | 14:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.