publicidade hoxe

A Xunta financia a creación dunha ruta xeolóxica en Ribas de Sil na que investirá 20.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoRibas de Sil
A-
A+

A Xunta de Galicia financia con 20.000 euros a creación dunha ruta xeolóxica no concello de Ribas de Sil, que discorrerá polo trazado da ruta de sendeirismo da Cubela, pasando polos lugares do Castro de Abaixo, Torbeo e A Cubela.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego achega a totalidade do orzamento da actuación, de forma que o concello só ten que asumir o IVE.

Todo o treito está dentro da Zona de Interese Comunitario (ZEC) Ancares-Courel e está percorrido por unha ruta circular moi transitada na que se pode apreciar a paisaxe característica do Canón do Sil xunto coa diversidade da flora e fauna e o patrimonio arqueolóxico e arquitectura románica e tradicional. Este proxecto pretende poñer o acento no interese xeolóxico da zona, dado que existen formación xeolóxicas interesantes como o denominado “Ollo de sapo”.

A intervención consistirá na colocación de paneis informativos e tamén na execución de varias obras como a formación de cunetas en varios tramos, colocación de pasos de auga e o estendido dunha pequena capa de zahorra nalgúns puntos.

Balseiro subliñou que esta axuda responde a un programa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para colaborar con concellos e particulares na conservación e acondicionamento dos espazos incluídos na Rede Natura 2000; fináncianse actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos, culturais e naturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe e das condicións ambientais que os caracterizan.

24 de agosto de 2018 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.