publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta entrega material para a loita contra a vespa velutina ao Concello de Sandiás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSandiás
A-
A+
Entrega do material

Entrega do material

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, asinou hoxe co alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, un convenio de cesión de material para a loita contra a vespa velutina. En concreto, a Xunta entregoulle á entidade local dous traxes, que se destinarán á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello.

Con esta sinatura, o Plan de loita contra a vespa velutina suma xa un total 113 concellos colaboradores, dos que 22 están na provincia de Ourense. A Xunta está colaborando cos concellos a través da dotación de material e equipamento e dos cursos de formación especializada na materia que se imparte na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

14 de agosto de 2018 | 14:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.