publicidade hoxe

A Xunta destina 340.000 euros a colaborar coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas destinadas ás Agrupacións de persoal voluntario de protección civil (AVPC) de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos. En total, distribuiranse 340.000 euros que chegarán a 177 agrupacións das catro provincias.

Con estas axudas preténdese colaborar economicamente coas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil nos gastos de natureza corrente, o que posibilitará o funcionamento destas entidades dentro dos seus concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.

Así, as subvencións poderán ser investidas en equipamento e vestimenta persoal de uniforme; equipos de prevención e protección; gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil e gastos de conservación, mantemento e/ou aluguer da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, entre outros.

Estas axudas súmanse á recente convocatoria para dotar de material ás AVPC que, cunha inversión de máis de 800.000 euros, posibilitará a adquisición de 15 vehículos pick-up todoterreos e de 20 remolques dotados con material para atención ás emerxencias. Por último, cómpre recordar tamén que a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) dispón dunha ampla oferta formativa dirixida aos voluntarios.

9 de agosto de 2018 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.