publicidade hoxe

A Xunta destina 17.600 euros á construción dun depósito de auga para abastecemento e extinción de incendios na Cabarca, en Ribas de Sil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibas de Sil
A-
A+

A Xunta de Galicia destina 17.600 euros ao concello de Ribas de Sil para a construción dun depósito de auga no núcleo de A Cabarca, unha dotación que pretende servir de apoio ao abastecemento en caso de seca prolongada e tamén ao operativo de extinción de incendios.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza achega o 80 por cento do custo da actuación.

O depósito terá unha capacidade de 60.000 litros e estará enclavado nunha localización estratéxica, apuntada polos propios axentes de extinción de incendios da Xunta de Galicia. En concreto, estará a escasos 20 metros da primeira vivenda do núcleo e á beira dunha pista forestal que da acceso ao monte comunal, e servirá para darlle cobertura a unha ampla zona arbolada.

Ata este momento, no caso de declararse un incendio neste entorno as carrocetas debían desprazarse a máis de cinco quilómetros de distancia para cargar auga, de forma que coa construción deste tanque os tempos de resposta ante un incendio reduciranse claramente, e con elo os riscos para os veciños e veciñas e para o monte.

10 de agosto de 2018 | 14:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.