publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica detén 3 persoas en Porto do Son por un presunto delito de furtivismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada esquerdaPorto do SonSucesos
A-
A+

Axentes do Grupo de investigación ERPOL da Policía Autonómica de Santiago detivo tres persoas por un presunto delito de furtivismo cometido en Porto do Son.

Inicialmente, o servizo de Gardacostas detectou a finais do mes de xullo que estas tres persoas levaban marisco agochado no interior dun vehículo e procedeu, polo tanto, a incautación desta carga: 36 kilos de percebe extraído ilegalmente.

A raíz deste suceso, a Policía autonómica comezou unha investigación, coa colaboración dos axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, que se prolongou desde finais do mes pasado ata esta semana.

Froito deste procedemento, confirmouse que un grupo de persoas se dedicaban a extraer percebe de forma furtiva en Porto do Son, principalmente polas noites, de xeito habitual e sen ter habilitación para a realizar esta actividade causando, deste xeito, un grave dano tanto á flora e fauna, como aos mariscadores que si contan con habilitación e respectan tamaños de captura.

Polos feitos descritos tramitáronse dilixencias aos xulgados de Noia.

24 de agosto de 2018 | 14:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.