publicidade hoxe

O secretario xeral da Emigración preside o acto de entrega de diplomas que pon fin á convocatoria de 2018 de Escolas Abertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+
Miranda na entrega de diplomas

Miranda na entrega de diplomas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu esta mañá o acto de entrega de diplomas das “Escolas Abertas” 2018, que pon fin a esta nova convocatoria, na que participaron 70 formadores de centros galegos da Arxentina, Cuba, O Uruguai, Venezuela, O Brasil, Chile, España, os Estados Unidos de América, México e Suíza, que agora deberán poner en práctica o aprendido estas dúas semanas entre os seus propios alumnos. O Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense acolleu o evento, que tamén serviu para recoñecer o traballo levado a cabo tanto polos estudantes como polos profesores das seis especialidades incluídas no programa da Xunta de Galicia: gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego (especialidades demandadas polas propias comunidades galegas), e a novidade deste ano, habilidades directivas.

24 de xullo de 2018 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.