publicidade hoxe

O 061-Galicia asistiu a 74 persoas por 53 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 74 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 6 de xullo ata as 23:59 horas do domingo, 8 de xullo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 26 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 63 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 74 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60 % e do 40 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 26 % dos atendidos tiña entre os 55 e os 69 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 26 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 17
Lugo: 6
Ourense: 4
Pontevedra: 26
Total Galicia: 53

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 69. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en tres sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu en dous ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 55 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En 66 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas resultaron falecidas.

9 de xullo de 2018 | 14:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.