publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061-Galicia asistiu a 57 persoas por 44 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 57 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 20 de xullo ata as 23:59 horas do domingo, 22 de xullo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 48 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 44 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 57 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59 % e do 41 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 35 % dos atendidos tiña entre os 35 e os 49 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 20 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 15
Lugo: 3
Ourense: 6
Pontevedra: 20
Galicia: 44

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 57. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 46 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.

En 48 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

23 de xullo de 2018 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.