publicidade hoxe

Cecilia Vázquez participa nunha conferencia para mellorar as capacidades de educación e formación en restauración ambiental

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, acudiu hoxe á inauguración da conferencia-curso ‘Landcare for the future: the meeting point between educators and students’, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e que está a ter lugar na capital galega desde hoxe ata o mércores 18.

O proxecto Landcare ten como obxectivo mellorar as capacidades de educación e formaicón en temas de restauración ambiental. A conferencia conta coa participación de 100 educadores europeos e considera a participación activa dos propios estudantes na educación ambiental.

Un dos módulos máis destacados da conferencia será o da educación e a implicación da sociedade. Neste sentido, o proxecto Life evergreen with volunteer (LEWO), liderado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, é un exemplo de boas prácticas e durante este encontro presentaranse os resultados parciais do mesmo.

O mércores está prevista a vista a varias zonas de Galicia incluídas na REd Natura 2000 e que coinciden coa delimitación territorial do proxecto LEWO. O público asistente inclúe profesorado de secundaria de Galicia, polo que a visita será de utilidade para dar a coñecer o proxecto a un sector da poboación que podería servir para promover as accións de voluntariado na nosa comunidade. Así mesmo, nas visitas participará persoal técnico relacionado coa restauración da paisaxe, a educación ambiental e a participación social doutras partes de España e Europa, polo que se conseguirá un maior alcance das actividades de difusión do proxecto.

16 de xullo de 2018 | 14:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.