publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta inviste 358.000 euros nun proxecto de repoboación de 135 hectáreas que executa na Fonsagrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLocal PortadaLugoPortada esquerda
A-
A+

A Consellería do Medio Rural destina 357.870 euros ao proxecto de repoboación de 135 hectáreas que está a executar en tres montes da Fonsagrada, xunto con un de Navia de Suarna. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou o monte fonsagradino de Miñide e manter unha xuntanza con representantes da comunidade propietaria.

Balseiro explicou que están próximos a rematar os traballos neste monte, que é o máis extenso de cantos se contemplan no proxecto. En concreto, conta cunha extensión de 79,5 hectáreas, e vaise repoboar con 83.000 pinos e 4.300 castiñeiros. A continuación, os labores continuarán no municipio nos terreos das comunidades de Pedra e Allonquiña.

En conxunto, a iniciativa suporá a plantación de máis de 150.000 árbores. Utilizaranse as tres variedades de pino: silvestris, pinaster e radiata, segundo o monte -en Miñide tamén castiñeiro-.

A intervención, que asume a Xunta en virtude dos convenios de xestión que ten asinados coas comunidades propietarias, inclúe a limpeza e preparación dos terreos, eliminando a totalidade da matogueira; unha vez acondicionado efectúase a plantación de xeito manual.

O delegado territorial subliñou que esta actuacións servirá para recuperar terreos forestais que resultaron afectados por lumes en anos pasados (nos anos 2012 e 2013), “e conseguir que volvan a ser para os veciños e veciñas desta zona unha fonte de riqueza medioambiental, social e económica”.

Balseiro incidiu en que a Xunta “impulsa o coidado dos montes, ben con accións directas como esta ou ben mediante axudas aos propietarios, porque entendemos que o aproveitamento sustentable da masa forestal é o mellor antídoto contra os lumes, ademais de ser un recurso que esta provincia non pode desperdiciar”.

16 de xullo de 2018 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.