publicidade hoxe

A Xunta destaca a importancia das accións de voluntariado nos campamentos de verán de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLousame
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, pasou parte da xornada de hoxe coa xente nova que está a participar nos campamentos de verán de Lousame, que este ano celebran a súa edición número dezaseis. Durante a visita, tamén se presentou o proxecto de mobilidade europeo ‘Voluntariado no rural: participación e promoción’, que se desenvolverá ao abeiro do programa Erasmus+ e no que participarán dúas persoas, unha de nacionalidade rusa e outra ucraína.

Ao respecto, a directora xeral sostivo a importancia que teñen as accións de voluntariado nun concello eminentemente rural como o de Lousame, polo que quixo valorar o esforzo de todas as persoas que participan nestes programas. Nesta liña, e dentro da programación dos campamentos, fíxose entrega do libro ‘Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias”, co que se confire visibilidade ao papel das persoas voluntarias que achegan o seu grao de arena para mellora a sociedade.

Cecilia Vázquez salientou a importante oferta de ocio e tempo libre, sempre vinculada á educación non formal, que oferta a comunidade durante a tempada estival, entre campamentos, campos de traballo e outras actividades. Neste sentido, lembrou que a través da Campaña de Verán 2018 da Xunta de Galicia, o seu departamento autonómico oferta un total de 9870 prazas, case 300 máis que o verán pasado. A Administración autonómica inviste 3,2 millóns de euros –un 8% máis respecto ao orzamento de 2017- nesta campaña que “segue a ser un referente a nivel de todo o Estado, ademais dun recurso de conciliación estival e de ocio educativo de primeiro nivel”, apuntou.

20 de xullo de 2018 | 14:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.