publicidade hoxe

Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela e Compañía Ensalle protagonizan a segunda xornada de Galicia Escena Pro

Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas que se celebra entre hoxe e o xoves en Santiago de Compostela, ten preparada para mañá unha segunda xornada de actividade con cinco compañías galegas como protagonistas: Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela Teatro e Compañía Ensalle. A través delas, dáse conta da variedade de estilos que ofrece a carteleira de 19 espectáculos, aberta de xeito gratuíto ao público xeral, desta sexta edición do encontro organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación, no que están a participar un 200 profesionais do sector.

Como en anos anteriores, as localidades dispoñibles tras o acceso das persoas acreditadas póñense a disposición do público xeral de xeito gratuíto, previa retirada das entra-das no despacho de billetes correspondente desde una hora antes do comezo da repre-sentación.

Teatro familiar sobre a diversidade

O teatro para público infantil e familiar abrirá este segundo día de Galicia Escena PRO con A galiña azul, de Tanxarina. Esta montaxe de monicreques, que fala da diversidade e da solidariedade, poderá verse na sala 2 da Fundación SGAE, ás 11,00 h.

A sala Germán Coppini deste mesmo espazo acollerá Salvador, tamén en horario de ma-ñá (12,15 h.), Salvador. Este traballo do creador Borja Fernández segue a historia como emigrante no Brasil do seu avó paterno para construír un traballo escénico a medio ca-miño entre o documental e a ficción teatral, cos movementos migratorios, as desapari-cións e os encontros como principais eixos temáticos.

A quenda de tarde comezará ás 17,30 h. no Auditorio Abanca con Cranios privilexia-dos… ou crítica da razón perralleira, de Producións Teatrais Excéntricas. Carlos Santia-go é o director da nova comedia desta compañía compostelá, que poñen en escena Jo-sito Porto e Víctor Mosqueira.

A continuación, Sarabela Teatro presentarase en Galicia Escena PRO con O rei morre, versión libre da obra de Eugène Ionesco. Ana Vallés asina a adaptación e a dirección deste espectáculo, que interpretan Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago e Alfonso Míguez. A cita será no Teatro Principal, ás 19,30 h.

A segunda xornada deste encontro concluirá coa posta en escena de Procedimientos ante el vacío, da Compañía Ensalle, no Salón Teatro. Trátase dun traballo interdisciplinar, que se sitúa entre o teatro contemporáneo e a danza, e que ten o seu xermolo na colaboración artística emprendida entre a compañía viguesa e a bailarina e coreógrafa Mónica Valenciano.

O programa estritamente profesional inclúe a celebración mañá en Santiago do encontro da Coordinadora de Ferias Escénicas del Estado Español (COFAE), no que os responsables das mostras de artes escénicas aquí representadas debaterán sobre a situación do sector, tentando atopar ferramentas estratéxicas que permitan desenvolver unha planificación de cara aos próximos anos. As reflexións derivadas desta xuntanza, así como das que se están a desenvolver durante todo o ano no resto das feiras asociadas, serán recollidas nunha publicación a modo de plan estratéxico.

11 de xuño de 2018 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.