publicidade hoxe

Rueda destaca a labor do Ministerio Fiscal na protección e defensa dos dereitos das persoas maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Alfonso Rueda na inauguración da escola de verán

Alfonso Rueda na inauguración da escola de verán

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a protección e a defensa dos dereitos das persoas maiores constitúe unha tarefa na que os fiscais están á cabeza e na que a Xunta lles ofrece todo o seu apoio e colaboración.

Durante a inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, que nesta edición estará centrada na problemática xurídica das persoas maiores, hai que salientar que é un asunto prioritario para o Goberno galego. Neste sentido, cabe indicar que as administracións deben garantir a protección dos dereitos dos maiores e a Xunta está especialmente implicada neste obxectivo, desenvolvendo a ‘Estratexia galega sobre envellecemento activo desde a innovación’, que abarca ata o ano 2020 e que incide no compromiso cos nosos maiores.

O labor de protección da Fiscalía neste eido é fundamental e a función dos fiscais é un alicerce básico para garantir a súa dignidade, polo que cobra especial importancia a tarefa do Ministerio Fiscal á hora de protexer os dereitos dos maiores e as persoas con discapacidade.

Por outra banda, hai que salientar os avances producidos para acadar unha Administración de Xustiza moderna e adaptada aos tempos, como os pasos dados para ser pioneiros na implantación do novo modelo de Oficina Fiscal, da man da Unidade de Apoio á Fiscalía Xeral do Estado, que busca gañar unha maior axilidade, eficacia e operatividade nos traballos da Fiscalía e a posta en marcha da rede de videoconferencia, así como os medios técnicos e as TICS, entre outros.

Na inauguración participaron o Fiscal xeral do Estado, Julián Sánchez Melgar; o Fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes; o presidente da Deputación Provincial, Valentín González Formoso e o diirector do Centro de Estudos Xurídicos, Israel Pastor Sainz-Pardo.

13 de xuño de 2018 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.