publicidade hoxe

Mercedes Rodríguez enxalza a campaña de promoción de conservas Cata la Lata como exemplo de difusión da calidade dos produtos do mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, destacou hoxe en Madrid o valor de campañas de promoción como Cata la Lata, promovida por Anfaco-Cecopesca, para difundir a calidade, a orixe e a variedade dos produtos do mar e fomentar a súa visibilidade. Valorou ademais o carácter integral da iniciativa de promoción de conservas de peixes e mariscos polo amplo número de actividades que inclúe e pola súa intención divulgativa e formativa.

Así o sinalou no acto de presentación desta campaña, celebrado no Senado, onde tamén puxo de relevo o labor de Anfaco na potenciación e desenvolvemento da industria conserveira. Neste sentido, a directora xeral engadiu que Anfaco reflicte a importancia desta industria en Galicia, que representa o 80% do valor da produción de conservas nacional, cunha aportación de preto de 1.300 millóns de euros. Ademais Mercedes Rodríguez lembrou que preto do 80% das exportacións da conserva española, é dicir, máis de 150.000 toneladas, proceden de Galicia e puxo en valor a presenza e o papel da muller neste sector, xa que o 80% das persoas traballadoras que o configuran son mulleres.

5 de xuño de 2018 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.