publicidade hoxe

Educación concede os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior a 23 estudantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a concesión dos Premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2016/17, cos que se recoñecerá o traballo de 23 estudantes de toda Galicia

Tal como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, os 23 premios concédense noutras tantas familias profesionais, e van dirixidos a mozas e mozos que teñen cursado estes estudos no curso 2016/17 nalgún centro educativo da comunidade autónoma (ben modalidade presencial ou modalidade a distancia) e que os remataron cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos.

O obxectivo destes galardóns é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior en Galicia e enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Consellería para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego.

A dotación orzamentaria para estes premios é de 19.550 euros que se distribuirán entre os galardoados na mesma contía, de 850 euros por alumno. Ademais da correspondente dotación económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

11 de xuño de 2018 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.