publicidade hoxe

Cores Tourís visita o inicio das obras de mellora da rotonda da PO-504 na entrada á zona urbana de Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraSanxenxo
A-
A+
Cores Tourís na visita a Sanxenxo

Cores Tourís na visita a Sanxenxo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o inicio das obras de mellora da PO-504 no enlace deste vial coa autovía do Salnés, ás que a Consellería de Infraestrutura destinou 48.395,74 euros, e que permitirá o traslado da caseta turística municipal.

Na visita estivo acompañado do alcalde da localidade, Telmo Martín, así como do xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda en Pontevedra, José Luis Díez.

As obras acaban de comezar e teñen como obxectivo mellorar a zona de entrada cara ao municipio dende a autopista, acondicionando este acceso e tamén unha área onde se instalará unha caseta para información turística dos visitantes desta comarca.

Tal e como explicou Cores Tourís, as obras consistirán no acondicionamento e urbanización dunha zona de sobre ancho anexo a glorieta no punto quilométrico 0,6 na estrada PO-504 que enlaza Sanxenxo con Vilalonga. “Na actualidade esta zona no está urbanizada e se usa como aparcamento de vehículos, aínda que conta xa con beirarrúas e alumeado público”, explicou o delegado territorial quen matizou que na parte oposta está instalada unha caseta para información turística do concello, “a escasa distancia da calzada co conseguinte perigo para automóbiles e persoas. Deste xeito, trasladamos a caseta para facilitar con seguridade viaria o acceso á mesma, e melloramos a accesibilidade á saída da glorieta”.

As principais obras consistirán na execución dunha soleira para situar a caseta de información turística; o acondicionamento do sobre ancho con mestura bituminosa en quente para ampliar a plataforma da calzada; a execución dun murete de formigón para delimitar e protexer a zona da casta; a pavimentación do vial antigo en la zona do sobre ancho e a urbanización con baldosa hidráulica. Tamén se levará a cabo o pintado de marcas viais, a instalación dun atenuador de impacto e a acometida para o saneamento e o alumeado da caseta de turismo.

Prevese que a obra remate a finais do presente mes, dependendo das condicións meteorolóxicas.

Reforzo do firme

Por outra banda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén destacou a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia (https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion) da licitación do reforzo de firme localizado nas estradas PO-235, PO-244 e PO-264, que conta cun orzamento de 797.504,97 euros e que afecta aos concellos de A Lama, Pontevedra, Ponte Caldelas, Vilaboa e Soutomaior.

O prazo para a execución da obra é de tres meses, e no caso da PO-235, afectará aos tramos entre o quilómetro 12, no inicio da travesía de Antas na Lama e o 15, na intersección coa EP-0305. Ao longo destes tres quilómetros estenderase unha nova capa de rodaxe.

Na PO-244, as obras realizaranse entre o quilómetro 0 e o 12,4, entre os concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior. Nesta estrada levarase a cabo obras de fresado e extensión en zonas puntuais, así como aplicación de microaglomerado. Tanto neste vial como no anterior da Lama levarase a cabo a limpeza das beirarrúas e o repintado de cunetas.

Finalmente, na PO-264 repintarase a estrada entre o quilómetro 0 en Paredes, Vilaboa, e o 2 en Ponte Sampaio, Pontevedra.

6 de xuño de 2018 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.