publicidade hoxe

Antonio Rodríguez Miranda amosa o seu apoio á nova directiva do Centro Galego de Zug

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+
Miranda na reunión coa directiva do Centro Galego de Zug

Miranda na reunión coa directiva do Centro Galego de Zug

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quixo amosar persoalmente o seu apoio ao Centro Galego A Nosa Terra de Zug na súa nova andadura. O responsable autonómico trasladou á súa recentemente elixida presidenta, Manuela Fernández Ribero, e a unha das vogais, Lucía Domínguez, a firme intención do Goberno galego de seguir a colaborar como ata o de agora cunha das entidades cun maior número de socios do país helvético durante un encontro mantido en Santiago.

As representantes do centro, que conta cunha grande actividade social, tamén expuxeron a Miranda a situación actual da colectividade galega en Suíza, principalmente no entorno de Zúrich, onde se atopa a localidade de Zug. Fernández Ribero e Domínguez aproveitaron, así mesmo, para transmitirlle as previsión de traballo que teñen de cara a esta etapa que vén de comezar o centro galego en Suíza. O obxectivo de ambas partes é axudar a que A Nosa Terra manteña a intensa actividade que desenvolveu ata o de agora na cidade de Zug.

Unha ducia de entidades

Suíza é o país europeo cunha maior presenza de galegos, con 41.114, e o cuarto do mundo, só por detrás da Arxentina, Brasil e Cuba. A importancia da emigración galega no país helvético queda reflectida na ducia de entidades que posúe inscritas no Rexistro da Galeguidade.

19 de xuño de 2018 | 16:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.