publicidade hoxe

Alfonso Rueda coñece o proxecto do Casino de Vigo que xerará un incremento na actividade económica e no emprego da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Alfonso Ruedo na reunión

Alfonso Ruedo na reunión

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves asisitiu á presentación por parte do presidente do grupo Luckia e do Casino da Toxa, José González; do vicepresidente e o xerente do Casino, Alfredo González e Braulio Pérez, respectivamente, coñeceu hoxe o proxecto do Casino de Vigo, que permitirá potenciar e xerar actividade económica directa e indirecta na cidade, así como a conseguinte xeración de emprego.

A posibilidade de abrir un novo Casino en Vigo produciuse grazas á modificación da normativa, que impulsou a Xunta, en resposta ás demandas do sector. Tal e como se tiña anunciado, o Goberno galego estaba a traballar para posibilitar a apertura dunha sala de casino en Vigo, unha situación que a lexislación actual non permitía, a non ser que se pechase o da Toxa, coa conseguinte perda de emprego e actividade na comarca, xa que a lexislación establecía que só podería haber un casino por provincia.

Despois de traballar na modificación, consultar ao sector e analizar a cuestión xuridicamente e dada a súa relevancia económica introduciuse unha modificación da actual Lei do Xogo, de tal xeito que se autorizará aos casinos actuais a instalar unha sala adicional que se atope situada fóra do recinto actual e na mesma provincia.

12 de xuño de 2018 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.