publicidade hoxe

A Xunta reúne aos axentes e técnicos do operativo de extinción de incendios para deseñar conxuntamente medidas que melloren a eficacia na loita contra o lume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugo
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro asistiron esta mañá na Delegación da Xunta en Lugo á inauguración das Xornadas de Coordinación en Emerxencias por Incendios Forestais.

A xénese destas xornadas xurde tras constatar a crecente importancia da coordinación entre os diferentes organismos e administracións responsables das distintas emerxencias. Esta necesidade aumenta cando se trata de facer fronte aos grandes incendios forestais nos que a coordinación eficaz dos diferentes protocolos de actuación é unha das claves para actuar con rapidez e para evitar os danos tantos persoais como materiais.

O director Xeral de Emerxencias, Luis Menor apuntou que a Xornada ten como obxectivo incidir nos aspectos positivos e aquelas melloras a levar a cabo na coordinación de Incendios Forestais de cara a implantalas na campaña de incendios forestais deste ano 2018.

Luis Menor indicou que a experiencia dos diferentes colectivos servirá para mellorar a coordinación entre os diferentes profesionais implicados na resolución desta emerxencia. Incidindo nos aspectos positivos levados a cabo durante o ano 2017 como foi a creación dos diferentes Posto de Mando Avanzado, como punto de encontro e centro de coordinación da emerxencia nos que a través dos mandos dos diferentes organismos, Garda Civil, Policía Autonómica, Bombeiros, ou GES, que estiveron representados os diferentes organismos actuantes nos incendios forestais.

5 de xuño de 2018 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.