publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta rematou as obras de seguridade viaria na estrada AC-213 en Culleredo, no treito entre O Burgo e A Telva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCulleredoLocal Portada
A-
A+
Ovidio Rodeiro na visita a Culleredo

Ovidio Rodeiro na visita a Culleredo

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, e mais o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, comprobaron o resultado das obras de mellora da estrada AC-213 no treito entre O Burgo e A Telva, que executou nos últimos meses a Consellería de Infraestruturas e Vivenda cun investimento de algo máis de 445.000 euros.

As obras, que teñen como obxectivo prioritario mellorar a seguridade viaria, consistiron no estendido dunha nova capa de rodaxe de entre 3 e 6 centímetros de aglomerado asfáltico nun tramo de preto de 2 quilómetros. Nas zonas máis deterioradas foi necesario a reposición completa do paquete de firme, de 80 centímetros de espesor.

Este proxecto tamén contemplou a reposición dos treitos de beirarrúa deteriorados que tamén se complementaron en determinados puntos, co obxectivo de que haxa itinerarios peonís continuos por ambas as dúas marxes da estrada que faciliten os desprazamentos cotiás dos veciños, a pé e dun xeito seguro.

Unha vez finalizadas as obras, o Concello asumirá agora a titularidade do treito, tal e como se ten comprometido o alcalde, ao tratarse dunha zona de uso principalmente urbano.

11 de xuño de 2018 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.