publicidade hoxe

A Xunta pon en marcha un curso de organización de accións socioeducativas para a mocidade no marco da educación non formal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe un curso para formar ao persoal da Rede Galega de Información Xuvenil e a estudantes na organización de accións socioeducativas dirixidas á mocidade.

A responsable do departamento autonómico abriu a iniciativa, que se desenvolve no Centro coordinador de información xuvenil, en Santiago de Compostela, destacando a importancia na formación tanto no deseño, como no desenvolvemento e avaliación das actividades sociais e educativas relacionadas coa xuventude no marco da educación non formal.

O curso, de 30 prazas, semipresencial e que durará ata o 12 de setembro, obtivo unha excelente resposta cun alto número de inscritos polo que, segundo anunciou Cecilia Vázquez, non se descarta unha nova edición.

As clases están dirixidas, ademais de aos traballadores da Rede Galega de Información Xuvenil, a titulados ou estudantes de carreiras do ámbito social que non teñan o curso de especialista en información xuvenil ou o certificado de profesionalidade na mesma área.

Galicia conta con unha rede informativa integrada por 248 oficinas municipais de Información Xuvenil, doce Espazos Xove e numerosos Puntos de Información Xuvenil que dependen das asociacións e entidades xuvenís.

12 de xuño de 2018 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.