publicidade hoxe

A Xunta impulsa o crecemento do comercio para impulsar a súa competitividade e a creación de emprego de calidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou esta mañá na Coruña o novo establecemento comercial de La Octava, aberto no marco do programa de expansión comercial impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Tal e como salientou Vázquez Abeal, a través desta convocatoria a Xunta busca impulsar a competitividade do sector e contribuír á creación de emprego de calidade.

Despois de máis de sete anos de traxectoria ininterrumpida en Ferrol, La Octava decidiu medrar coa apertura dunha nova tenda na rúa coruñesa Federico Tapia. O obxectivo deste negocio era crear unha concept store acorde coas novas tendencias do mercado, ofrecendo aos seus clientes unha nova experiencia no proceso de compra.

Ademáis de prendas de vestir, calzado e accesorios de moda, no novo establecemento poderán atopar un espazo dedicado a artigos de decoración para o fogar e mesmo cosmética natural, cunha estética e unha colocación de produto moi coidada sen esquecer o trato personalizado e coidado ao cliente .

A directora xeral de Comercio destacou a calidade do proxecto e a estratexia de atención ao cliente de La Octava, que ademáis de contar cun coidado espazo físico tanto en Ferrol como agora na Coruña, aposta pola presenza na redes sociais como medio de comunicación cos seus clientes.

Así mesmo, Sol Vázquez destacou a importancia de visualizar proxectos de expansión comercial como o realizado por La Octava, que contribúen a xerar emprego en Galicia e incrementar e mellorar a actividade económica e a imaxe das vilas e cidades.

A Xunta vén de resolver os apoios para a expansión comercial e novas fórmulas de comercialización, cos que se impulsa a apertura de novos establecementos comerciais por titulares doutro comercio cun mínimo de dous anos de antigüidade, así como proxectos pop up por un prazo máximo de dous meses nun concello distinto onde se veña exercendo a actividade. No primeiro caso o investimento subvencionable máximo vai dos 3000 aos 60.000 euros e no caso das iniciativas pop up vai ata os 8000 euros. En todos os casos cóbrese o 50%.

19 de xuño de 2018 | 15:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.