publicidade hoxe

A Xunta destaca a importancia de que a ITV aposte polo desenvolvemento de proxectos innovadores para a mellora da seguridade vial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Porriño
A-
A+

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, asistiu esta mañá no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), no Porriño, á presentación da memoria da ITV 2017, organizada pola empresa concesionaria na Comunidade, SyC-Applus+.

Na súa intervención, o director xeral destacou a importancia de que a Inspección Técnica de Vehículos (ITV), en colaboración co CTAG, impulse en Galicia o desenvolvemento de proxectos innovadores que melloran a seguridade vial e que fan que os vehículos contribúan á sustentabilidade do medio ambiente. Neste sentido indicou que, precisamente, a innovación tecnolóxica e a investigación son as claves para contar cunha ITV e cun sector da automoción máis competitivos.

Tahoces salientou que se presta un servizo de calidade e agradeceu o seu compromiso con Galicia. Desde 2010, vén desenvolvendo un plan de investimentos que superou os 10 millóns de euros e que permite á Comunidade contar cunha rede de 26 estacións fixas e 10 unidades móbiles para achegar este servizo a todos os usuarios.

O director xeral sinalou que o pasado ano se fixeron ao redor de 1,4 millóns de inspeccións periódicas, o que supón un 3,2% máis que en 2016 e que dos vehículos sometidos á primeira inspección -os matriculados no ano 2013- o 72% a superaron favorablemente, polo que animou aos condutores a seguir mellorando esta cifra e insistiu na importancia dun adecuado mantemento do parque móbil.

Finalmente lembrou que existe unha nova normativa que inclúe requirimentos técnicos de seguridade e medio ambiente máis rigorosos e que a misión da concesionaria á adaptar a rede e asegurarse de que todos os vehículos cumpran.

18 de xuño de 2018 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.