publicidade hoxe

A Xunta achega Galicia os mozos do exterior cos campos de traballo para reforzar o vínculo da Comunidade co futuro da diáspora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de convocar o programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo para este ano, cuxo prazo de solicitudes rematará o 12 de xullo. Con esta iniciativa a Xunta busca achegar a realidade, a cultura e a historia de Galicia aos mozos galegos que residen no exterior, dos que depende o futuro da diáspora e o seu vínculo coa súa terra de orixe.

Poderán optar a unha das 22 prazas disponibles para esta convocatoria, organizada pola Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Consellería de Política Social a través das Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, aqueles mozos de entre 20 e 30 anos que teñan nacido en Galicia ou sexan descendentes dun emigrante galego e teñan nacionalidade española.

Voluntariado e coñecemento de Galicia

Durante a súa estadía en Galicia, os participantes realizarán “actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos” cuxo principal obxectivo será “a procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental da nosa contorna e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico”, segundo especifica a resolución a resolución publicada hoxe no DOG. “Ademais do traballo”, engade a convocatoria, “ofrécese un programa con actividades deconvivencia, de formación, de lecer e tempo libre” do que tamén poderán gozar os mozos.

As instalación e datas concretas de celebración do campo de traballo divulgaranse próximamente a través da convocatoria que difundirá a propia Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado coa súa publicación no Diario oficial de Galicia. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou, en caso de non ter acceso a estes recursos en calquera das entidades colaboradoras.

12 de xuño de 2018 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.