publicidade hoxe

A Policía Autonómica realiza 168 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 11 e o 17 de xuño un total de 168 inspeccións de control en 14 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 35 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos de A Coruña, Ames, Bueu, Cambre, Coles, Lugo, Marín, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribeira, Rodeiro, Santiago de Compostela e Vilamarín.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 75 persoas e inspeccionadas 168 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 18 actas de infracción, todas elas por consumo de alcol.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

18 de xuño de 2018 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.