publicidade hoxe

A Policía Autonómica esclarece un incendio no concello de Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaQuirogaSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Lugo esclareceron un incendio forestal no concello lucense de Quiroga.

Os axentes tomaron declaración como investigado a un veciño do concello como presunto autor dun lume orixinado o pasado 18 de maio na parroquia de San Miguel de Montefurado.

O lume produciuse por mor dunha queima, na que non se adoptaron as medidas de seguridade necesarias, o que resultou no escape da mesma. Arderon 0,15 hectáreas de superficie rasa.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Monforte de Lemos. No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigadas un total de 31 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

28 de xuño de 2018 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.