publicidade hoxe

A Consellería do Mar chama a unir forzas para loitar contra a pesca non declarada e non regulamentada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraVigo
A-
A+
Internvención da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Internvención da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, apelou a unir forzas para reforzar as capacidades de terceiros países para que non entre peixe ilegal nos portos galegos. Nesta liña, trasladou que se debe facer a través dunha correcta inspección. Fíxoo durante a inauguración do curso Fortalecemento de capacidades para a aplicación do Acordo sobre Medidas do Estado Reitor do Porto (PSM), coordinado pola FAO.

Con este curso, a FAO pretende mellorar a capacidade dos inspectores de pesca no desenvolvemento das súas tarefas e permitir aos profesionais lograr a correcta implementación do acordo a nivel nacional e rexional. No caso concreto de Galicia, a directora xeral recordou a loita que se fai desde o Servizo de Gardacostas contra o furtivismo, de cara a preservar os recursos mariños, evitar o fraude e garantir a salubridade dos produtos do mar.

12 de xuño de 2018 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.