publicidade hoxe

Xunta e Paideia colaboran na posta en marcha dun novo laboratorio de idiomas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Paideia veñen de poñer en marcha un novo laboratorio de idiomas, desta vez no coruñés CEIP San Pedro de Visma. En concreto, a Consellería achegou os equipos informáticos deste espazo, enfocado fundamentalmente ao ensino de linguas estranxeiras, pero que tamén pode ser empregada para o traballo noutras materias.

A nova aula multimedia foi inaugurada esta mañá polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, e polo vicepresidente da Fundación Paideia, Guillermo Vergara. O director xeral amosou a súa satisfacción pola estreita colaboración entre a fundación coruñesa e a Consellería. Non en balde, só neste eido e froito da cooperación entre ambas entidades, téñense instalado dez aulas multimedia de idiomas, nomeadamente na Escola Oficial de Idiomas da Coruña e nos CEIP San Francisco Javier (A Coruña), Sal Lence (A Coruña), Manuel Murguía (A Coruña), Ramón de Artaza y Malvárez (Muros), Raquel Camacho (A Coruña), A. Rodríguez Cadarso (Noia), Labaca (A Coruña), Monforte (Monforte de Lemos) e neste CEIP San Pedro de Visma.

21 de maio de 2018 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.