publicidade hoxe

Un total de 29 Anpas de centros de educación especial recibirán axudas para financiar as súas actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180522/AnuncioG0164-140518-0001_gl.html ) a concesión das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións e asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para este ano, das que se beneficiarán un total de 29 ANPAs.

A Consellería de Cultura e Educación habilitou unha partida de 73.667,63 euros co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento das actuacións e a gastos de xestión, material e mantemento das instalacións das confederacións, federacións e ANPAs de centros de educación especial.

En total concedéronselle axudas a 29 entidades. Na provincia da Coruña as beneficiarias son a Confederación Galega de APAS de centros públicos (CONFAPA), a Confederación Galega de APAS (CONGAPA), a Federación provincial de APAS de centros públicos, a Federación provincial de ANPAS privados (FAPA), a APA do CEE Nuestra Señora del Rosario, todas elas da Coruña; a Condeferación ANPAS galegas, a Federación centros públicos Compostela, a Federación Central de APAS (FECAPA), todas de Santiago de Compostela; a Federación de centros públicos A Costa da Morte (Carballo), e a ANPA CEE Amicos (Ribeira). No caso da provincia de Lugo, recibirán a axuda a Federación provincial de APAS de centros públicos (FAPACEL), a Federación provincial de APAS (FAPALUGO) e a ANPA do CEE Santa María, todas elas do concello de Lugo.

En Ourense, son beneficiarias as ANPAS do CEE Miño, do CEE Ilustre Mestre e a Federación provincial de APAS centros públicos As Burgas, do concello de Ourense. Finalmente, na provincia de Pontevedra recibirán as axudas a Federación provincial de ANPAS centros públicos e a APA do CEE Juan XXIII, ambas do concello de Pontevedra; a Federación Estradense (FESANPAS, A Estrada), a ANPA do CEE Joaquina Otero (A Guarda), a APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María (Nigrán), a APA de ACEESCA CEE Santísimo Cristo del Amor (O Porriño), as APAS do CEE de Vilagarcía de Arousa e do CEE Os Mecos (ambas en Vilagarcía); a Federación ANPAS Olívica (FOANPAS), a Federación ANPAS do Suroeste (SURGAPA), a ANPA do CEE A Menela e as APAS do CEE Saladino Cortizo e do CEE San Rafael, todas elas en Vigo

O obxecto desta convocatoria é contribuír ao desenvolvemento das actividades e a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material e mantemento ordinario das instalacións destas entidades.

22 de maio de 2018 | 15:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.