publicidade hoxe

Retómanse os labores de desentullo no sinistro de Tui e incopóranse á busca 2 cans de rescate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSucesosTui
A-
A+

Esta mañá se teñen reiniciado as labores de desescombro coa máxima prioridade de buscar posibles vítimas, especialmente ese posible desaparecido e incorpóranse á busca dous cans de rescate

Ata o de agora hai unha persoa falecida e outra posible desaparecida. Dos 30 feridos, 7 deles son menores e ningún corre risco a súa vida. Hoxe a mediodía haberá novo parte médico.

A autoridade xudicial determinou que o lugar non era seguro para os grupos de intervención e entón pola noite quedaron catro dotacións de bombeiros que se dedicaron a extinguir posibles focos. Todos foron de pouca relevancia salvo un que foi maior e requiriu dunha nodriza para dotar de auga aos bombeiros.

Axentes da Garda Civil e Policía Nacional, axudados por Protección Civil, mantiveron a seguridade na zona, onde interviron 240 efectivos de emerxencias e ducias de axentes de Policía Nacional, Garda Civil, Autonómica e Local.

Os veciños que perderon as casas foron realoxados en hoteis e reciben asistencia e apoio. E Cruz Roja mantivo un dispositivo de albergue na zona, que prestou asistencia a 5 dos 30 evacuados.

24 de maio de 2018 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.