publicidade hoxe

Parrado participa na entrega de diplomas Cáritas Diocesana de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Entrega de diplomas en Cáritas Diocesana de Santiago

Entrega de diplomas en Cáritas Diocesana de Santiago

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado, participou hoxe na entrega de diplomas aos participantes en diversas accións formativas de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela.

Alí, o titular do departamento autonómico felicitou aos asistentes aos cursos de atención ao cliente no punto de venta, atención especializada a enfermos de Alzheimer, auxiliar de servizos domésticos e axuda a domicilio e auxiliar de hostalería e restauración. Parrado destacou a importancia destas formacións como medio para axudar á empregabilidade e para acadar unha inclusión real e efectiva.

O compromiso da administración autonómica cos cursos de Cáritas Diocesana Santiago se reflicte na achega económica que inviste para este fin. Máis polo miúdo, a Xunta investiu 15.885 para o curso de auxiliar de hostalería e restauración, 4874 euros no curso de atención ao cliente, outros 3655 no de atención a persoas con Alzheimer e 3046 euros na formación de servizos domésticos e euros. Cómpre destacar que Cáritas Santiago recibiu 287.796 euros ao abeiro da orde de axudas a entidades de iniciativa social nas anualidades de 2017-2018 para o desenvolvemento de programas de inclusión e adecuación de instalacións.

Ademais, o titular do departamento autonómico aseverou que a Xunta seguirá a traballar en prol das persoas e familias máis vulnerables con políticas activas de apoio e integración, como o Plan de Inclusión, cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Así mesmo, seguirase reforzando a orde de axudas a entidades de iniciativa social. De feito o importe desta orde multiplicouse por dous nas últimas tres convocatorias ata acadar na actualidade os 10 millóns de euros. E, ademais, traballarase no eido da inclusión a través da aplicación das medidas recollidas na Axenda Social de Galicia, instrumento para combater a pobreza e a exclusión consensuado cos concellos e as entidades sociais.

15 de maio de 2018 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.