publicidade hoxe

Os equipos de rescate localizan unha segunda persoa falecida entre os entullos producidos pola explosión de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSucesosTui
A-
A+

Os equipos de rescate que traballan nos labores de desentullo trala explosión dunha pirotecnia en Tui localizaron esta mañá o cadáver dunha segunda persoa. Os traballos reiniciáranse a primeira hora, coa incorporación de dous cans de rescate, despois de que a autoridade xudicial determinara onte pola noite que o lugar non era seguro para os grupos de intervención. De madrugada quedaron no lugar catro dotacións de bombeiros que se dedicaron a extinguir posibles focos. Todos foron de pouca relevancia salvo un que foi maior e requiriu dunha nodriza para dotar de auga aos bombeiros.

Axentes da Garda Civil e Policía Nacional, axudados por Protección Civil, mantiveron a seguridade na zona, onde interviron 240 efectivos de emerxencias e ducias de axentes de Policía Nacional, Garda Civil, Autonómica e Local.

Os veciños que perderon as casas foron realoxados en hoteis e reciben asistencia e apoio. Cruz Roja mantivo un dispositivo de albergue na zona, que prestou asistencia a 5 dos evacuados.

Os centros sanitarios da área de Vigo levan atendidos a un total de 37 feridos, dos que 7 deles son menores. Na mañá de hoxe permanecían ingresados 6 e outros dous en observación

Así, desde a xornada de onte, 16 pacientes foron atendidos no Punto de Atención Continuada (PAC) de Tui, 15 no Hospital Álvaro Cunqueiro, 3 en POVISA e 3 en Fátima.

Os feridos presentaban lesións de diversa consideración: contusións, fracturas, queimaduras e traumatismos, aínda que, no momento actual, ningún caso ten un prognóstico moi grave nin existe compromiso vital.

24 de maio de 2018 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.