publicidade hoxe

O 061-Galicia asistiu a 79 persoas por 53 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 79 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 4 de maio ata as 23:59 horas do domingo, 6 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 24 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 79 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60 % e do 40 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 29 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 14
Lugo: 7
Ourense: 8
Pontevedra: 24
Total Galicia: 53

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en catro sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 49 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en sete ocasións.

En 68 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa resultou falecida no punto.

7 de maio de 2018 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.