publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 061-Galicia asistiu a 64 persoas por 45 accidentes de circulación na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 64 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15:00 horas do venres, 11 de maio ata as 23:59 horas do domingo,13 de maio. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 20 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 54 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 64 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67 % e do 33 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 43 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con 17 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 17
Lugo: 5
Ourense: 9
Pontevedra: 14
Total Galicia: 45

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 56. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 45 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais asistiu nunha ocasión.

En 49 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

14 de maio de 2018 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.