publicidade hoxe

Nuria López recibe o XXVIIII premio de xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurensePortada dereita
A-
A+
Entrega do premio á xornalista Nuria López

Entrega do premio á xornalista Nuria López

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu ao acto de entrega do XXVIII premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo, que este ano recaeu na xornalista da Radio Galega Nuria López Presedo. A entrega do galardón tivo lugar na Deputación de Ourense, coincidindo co Día Internacional da Liberdade de Prensa.

Este premio que anualmente convoca a Deputación ourensá está dotado con 3.000 euros. O xurado ditaminou conceder o galardón a López Presedo por unha serie de reportaxes radiofónicos sobre o patrimonio da familia Franco en Galicia. O xurado destacou “a calidade do seu xornalismo de investigación, que afonda na temática cultural desde o punto de vista do patrimonio”.

3 de maio de 2018 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.