publicidade hoxe

Miranda agradece o labor das entidades galegas no exterior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Miranda na reunión con Concepción Sauné Sesplugas

Miranda na reunión con Concepción Sauné Sesplugas

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, agradeceu a todas as entidades galegas que exercen a súa actividade fóra da comunidade autónoma de Galicia o inmenso labor que realizan en prol da divulgación da cultura galega. Así llo transmitiu o responsable autonómico a unha das representantes destes centros, Concepción Sauné Sesplugas, con quen mantivo un encontro en calidade de secretaria do Centro Galego de Tarragona.

O celebración do Día das Letras Galegas constitúe unha das datas nas que este esforzo de difusión da literatura e a lingua de Galicia por parte das entidades no exterior e no resto de España toma unha especial relevancia. “A diversidade de actos e propostas culturais que proliferan nestes días a través dos centros de todo o mundo converten estas comunidades en referentes da promoción do patrimonio inmaterial galego nos cinco continentes”, salientou Miranda.

O responsable autonómico aproveitou a xuntanza con Sauné Sesplugas para facerlle entrega de diverso material impreso e audiovisual sobre o Día das Letras Galegas, que este ano dedícase á estremeña de nacemento e galega de adopción María Victoria Moreno.

Actualidade do centro

Ademais, a directiva do Centro Galego de Tarragona informou ao secretario xeral da Emigración sobre a actualidade da entidade galegocatalá e dos galegos que residen nesta provincia española.

14 de maio de 2018 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.