publicidade hoxe

Mil efectivos de brigadas da Xunta e dos concellos integrarán parte do dispositivo da campaña da loita contra os incendios forestais na provincia da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoqueixónLocal Portada
A-
A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou está mañá nas II Xornadas Provinciais de Formación á que asistiron brigadistas forestais, axentes e técnicos de distrito da Xunta de Galicia que participarán na campaña deste ano na loita contra incendios. O obxectivo da xuntanza foi o intercambio de experiencias e seguir avanzando na coordinación para a prevención e extinción de lumes e para loitar contra a actividade incendiaria.

O delegado territorial especificou os diferentes medios das brigadas da Xunta e dos concellos tanto humanos como técnicos cos que contará a provincia para loitar contra os lumes. “En concreto, apuntou Ovidio Rodeiro, estamos a falar en total de máis de mil persoas traballarán de forma directa nesta campaña de verán”.

En canto aos medios materiais veranse reforzados con 174 vehículos entre motobombas, pick-up, todoterrenos y vehículos lixeiros. A isto hai que engadirlles emisoras portátiles de comunicacións dixitais Tetra, teléfonos corporativos e emisoras de comunicación de banda aérea.

O delegado territorial apuntou que “a estes medios humanos hai que sumar os efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), os membros da Garda Civil do Seprona, a Policía Autonómica e Nacional, así como os membros dos equipos de investigación e os equipos de bombeiros comarcais, entre outros”.

Insistiu na importancia deste tipo de xornadas porque permiten analizar os acertos e os erros de campañas anteriores e seguir avanzando en medidas que melloren a coordinación e a eficacia cando se producen incendios forestais. Ademais, recalcou a importancia da prevención como peza clave para reducir os danos medioambientais dos incendios e apelou a importancia de concienciar os cidadáns, cada vez máis, de que se extremen as precaucións e se faga un esforzo especial para ter os montes limpos, especialmente nas franxas de protección das vivendas. “E un esforzo importante para todos, recalcou o delegado, pero o que está en xogo é a seguridade das persoas”.

“Outra das claves na prevención, recalcou Ovidio Rodeiro, é concienciar á xente da importancia que ten denunciar calquera indicio que se detecte de posibles incendiarios porque impedir que os nosos montes ardan é responsabilidade de todos”.

24 de maio de 2018 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.