publicidade hoxe

Medio Rural mellora os dispositivos electrónicos do servizo de loita contra incendios coa compra de medio millar de tablets

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Consellería do Medio Rural destina algo máis de 100.000 euros á compra de 560 tablets para que os axentes do Servizo de loita contra os incendios forestais teñan unha maior coordinación ante os lumes nos montes galegos, axilizando así o traballo e mellorando tamén a localización dos focos.

A estas novas ferramentas hai que sumarlle a ampliación das condicións de uso dos teléfonos móbiles e a compra de novas cámaras, co fin de perfeccionar os labores de investigación das causas dos incendios. O departamento que dirixe Ángeles Vázquez está facendo un importante esforzo económico para optimizar os medios materiais deste servizo, para que os seus traballadores conten cos instrumentos máis axeitados para un correcto desenvolvemento do seu traballo.

Ademais, tamén se está dotando ao persoal de novos Equipos de Protección Individual (EPI), coa renovación constante de botas, chaquetas e pantalóns, camisetas, cascos, gafas, luvas e protectores de colo. Un investimento de 1,7 millóns de euros que a Xunta realizou xa o pasado ano para mellorar a seguridade destes traballadores.

Parque móbil

Por outra banda, continúase coa renovación do parque móbil de Medio Rural dedicado aos labores de prevención e defensa contra incendios. Nos últimos meses alugáronse 251 vehículos e adquiríronse outros 36 todoterreo a través dun acordo marco do Estado, por importe dun millón de euros. Estes últimos serán entregados ao persoal en vindeiras datas. Así, o dispositivo conta actualmente cun total de 1.336 vehículos, dos cales preto do 68% son de propiedade do Goberno galego.

22 de maio de 2018 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.