publicidade hoxe

Marta Míguez felicita á Federación Galega de Vela polo título de Real na presentación da Copa Galicia de Cruceiros OCR 2018

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaMarínPontevedra
A-
A+
Marta Míguez na presentación da Copa Galicia de Cruceiros OCR 2018

Marta Míguez na presentación da Copa Galicia de Cruceiros OCR 2018

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe na presentación da Copa Galicia de Cruceiros OCR 2018 na Escola Naval de Marín, á que felicitou polo seu 75 aniversario. Nas súas verbas a responsable do deporte galego destacou a importancia dunha modalidade deportiva como a vela que “é a cuarta modalidade deportiva con maior número de representantes olímpicos galegos” e que conta, ademais, con “catro ouros olímpicos, sendo a segunda modalidade deportiva con maior número de metais nos Xogos”. Un deporte que conta con “máis de 2.000 licenzas federativas”, engadiu.

Do mesmo xeito, Marta Míguez felicitou á Federación Galega de Vela polo título de Real, recentemente obtido da man da Súa Maxestade o Rei Felipe VI o que identificou como “un motivo de celebración cando ademais é a primeira federación autonómica da vela que o consigue”.

Con respecto á Copa Galicia de Cruceiros OCR 2018, Marta Míguez destacou a importancia dunha copa que pertenceu no seu día a Alfonso XII ao que lle foi entregada en 1906 por cuestións deportivas. “Hoxe, xa na propiedade da Real Federación Galega de Vela, recoñece ao club de Galicia que é capaz de gañar as catro regatas de Finisterre, Frinsa, Almirante Rodríguez Toubes e Las Anclas”, explicou.

15 de maio de 2018 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.