publicidade hoxe

Francisco Conde destaca que o tecido empresarial galego ten que facer da dixitalización o seu elemento diferenciador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Francisco Conde en Bergondo

Francisco Conde en Bergondo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá en Bergondo as instalacións do Grupo Cofrico, onde sinalou que o tecido empresarial galego ten que facer das novas tecnoloxías e da dixitalización o seu elemento diferenciador.

Neste sentido, destacou o exemplo do grupo Cofrico, líder nacional no sector da climatización e que, segundo Conde, “está sabendo interpretar as necesidades do tecido produtivo e está facendo da innovación o seu sinal de identidade”, incorporando a Industria 4.0 ao seu produto e tamén aos seus procesos.

O grupo Cofrico, que dá emprego a 170 persoas e factura ao redor de 25M€ anuais, é unha das 49 empresas que está a participar no programa da Xunta Innova Peme, unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar a capacidade de innovación de compañías para lanzar novos produtos ou servizos e para mellorar os seus procesos. A convocatoria de 2017 está a mobilizar 9,5M€ e vai permitir o mantemento ou creación de 263 postos de traballo.

O programa busca a mellora da capacidade innovadora das pemes -de feito, o 45% das axudas son para pequenas empresas, o 33 para microempresas e o resto para medianas- como vía para conseguir unha maior competitividade e internacionalización do tecido empresarial galego e, así, gañar tamaño e cota de mercado o que responde aos obxectivos tanto da estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS 3), como ao Plan Galicia Innova 2020 e a Axenda Industria 4.0.

En concreto, o grupo Cofrico está a participar cun proxecto para o desenvolvemento tecnolóxico e mellora da innovación na empresa para aumentar o volume de mercado, os servizos existentes, s eficiencia enerxética e a redución de emisións. Tamén implantará programacións, monitorizacións e melloras nas instalacións cara a Industria 4.0.

14 de maio de 2018 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.