publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Francisco Conde: “a simbiose entre Rozas e as empresas favorece que a industria da aeronáutica aposte por Galicia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaVigo
A-
A+
Francisco Conde na visita á compañía Centum

Francisco Conde na visita á compañía Centum

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a importancia da simbiose que existe entre o polo tecnolóxico e industrial de Rozas e as empresas galegas nunha visita que realizou a Centum, unha compañía dedicada ao deseño e á comercialización de sistemas aeronáuticos, tanto para vehículos tripulados como non tripulados e que traballa no proxecto de Rozas.

No acto, o titular de Economía apuntou que esta unión favorece que a industria da aeronáutica aposte por Galicia explicando, ademais, que Rozas non sería posible sen o talento de firmas como Centum para que o sector aeronáutico galego poida ofrecer solucións innovadoras. Así mesmo, indicou que este tipo de empresas non serían o mesmo sen Rozas, que lle ten permito abrir as portas a unha industria tecnolóxica e de alto valor engadido como é a aeronáutica e incorporarse á cadea de valor de compañías de referencia internacional. Conde tamén se referiu a outro tipo de vantaxes como son a posibilidade de xerar novas liñas de negocio e dispor da posibilidade de contratar persoal cualificado de primeiro nivel.

En Rozas, na actualidade, lévanse a cabo 20 proxectos de I+D coa participación de 19 empresas galegas, entre as que se atopa Centum, que traballa da man de Indra e Babcock, os dous socios tecnolóxicos da Xunta no polo de Rozas. No caso de Babcock está a traballar para adaptar o sistema tecnolóxico que patenta ás aeronaves que a multinacional deseña en Rozas, onde se están a desenvolver 1 avión e 2 helicópteros non tripulados e a primeira embarcación marítima non tripulada. O labor que se desenvolve no polo tecnolóxico está a xerar a creación de 200 postos de traballo.

A startup viguesa é a creadora do primeiro produto aeronáutico desenvolvido en Galicia que obtén a certificación da Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) para a súa instalación nun helicóptero civil. Trátase do Lifeseeker, que permite localizar a persoas desaparecidas en catástrofes ou zonas adversas a través do seu teléfono móbil, que actúa como radiobaliza incluso en zonas sen cobertura. De feito, este dispositivo, que xa ten en fase de lanzamento e comercialización, permitiulle o seu contrato con Indra e Babcock.

Conde, para rematar, puxo en valor o papel que está xogando Rozas para que compañías galegas como Centum poidan despregar todo o seu potencial. “Estamos ante un claro expoñente do ecosistema innovador que hai detrás do sector aeronáutico de Galicia”, concluíu.

16 de maio de 2018 | 16:11 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario