publicidade hoxe

Constitúese a nova Comisión de Heráldica que regula tanto os escudos coma as bandeiras das entidades locais galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Nova Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia

Nova Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia

A Xunta ven de poñer en marcha a nova Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, na que se renovaron os membros da mesma, e que ten coma misión principal o regulamento tanto dos escudos coma das bandeiras das entidades locais da comunidade autónoma galega.

Os membros da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia son coma presidenta, a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández –Tapias; como vicepresidente, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés; como vogais, Carlos Acuña, Pablo Otero Piñeyro, Marta Cendón, José Manuel García e Jaime Bugallal.

Os municipios e demais entidades locais de Galicia poderán adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os xa existentes ou rehabilitar os que historicamente se empregasen, baseándose sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do seu territorio, conforme ás normativas de heráldica.

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fosen aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Comisión de Heráldica é o órgano consultivo da Xunta de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de réxime local, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sendo a encargada de emitir informes vinculantes de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas. Ademais, poderá elaborar as correspondentes proposta para a modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras daquelas corporacións locais que así o soliciten, sen ningún cargo para a entidade local interesada.

14 de maio de 2018 | 15:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.