publicidade hoxe

A Xunta participa nos encontros da Asemblea da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística en Valencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte e hoxe en Valencia nos encontros da Asemblea Xeral anual da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD), da que a Xunta de Galicia, representada na súa Vicepresidencia, é membro de pleno dereito desde o ano 2008.

Canda Galicia, participan nesta rede paneuropea os gobernos vasco, catalá, navarro e balear, así como representantes gobernativos e asociativos de linguas rexionais, minoritarias e de pequenos Estados de Europa, e constitúe a máis importante organización europea que, de maneira estable e continuada, se dedica á promoción social e ao ensino das devanditas linguas.

A principal meta desta plataforma organizativa é crear un ámbito no que o multilingüismo, a diversidade lingüística e a aprendizaxe das linguas monoritarias se promovan activamente en todas as franxas de idade, xa que 50 millóns de cidadáns da UE, o 10 % da poboación, fala estes idiomas.

24 de maio de 2018 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.